A Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno (LTBG) prevé que información deben publicar as Administracións Públicas para coñecemento da cidadanía. Toda esta información queda recollida no Portal da Transparencia.
Adicionalmente á información publicada no Portal da Transparencia, a cidadanía poderá exercer o seu Dereito de Acceso. Este novo dereito garante a posibilidade de levar a cabo consultas sobre datos e información pública.
O dereito de acceso poderá ser limitado nos supostos que contempla a Lei, entre outros: Seguridade Nacional, Defensa, Política económica e monetaria, para a protección de datos de carácter persoal, etc.
Si desexa exercer o seu Dereito de Acceso á Información Pública, pode realizalo utilizando esta Solicitude.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Organismo, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de Acceso á Información Pública.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Prazo de execución: 1 Mes.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.