ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS E USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
EXP: 2021/G015/000002
ANUNCIO
Aprobada definitivamente en sesión plenaria de 26 de maio de 2022, a ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA TAXA POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS E POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, procédese, en cumplimento do artigo 17.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais, a súa publicación.
ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS E POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Artigo 1º.- Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de Cedeira establece a taxa por prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais, a que se refire o artigo 20. 4. O) do propio real decreto lexislativo, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, e cuxas normas atenden ao prevido no artigo 57 do citado real decreto lexislativo.
Artigo 2º.- Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida como consecuencia da utilización por persoas físicas ou xurídicas, calquera que sexa a súa clase, das instalacións deportivas de carácter municipal, incluída a utilización do equipamento ou accesorios correspondentes ou a prestación de actividades deportivas organizadas polo Concello ou organismo dependente nas devanditas instalacións deportivas municipais, para as cales se estableceran a devandita contraprestación.
Queda fóra do feito impoñible, gravado pola taxa reguladora nesta ordenanza fiscal, a utilización e desfrute das instalacións deportivas municipais para finalidades relativas a competicións deportivas oficiais.
Artigo 3º.- Obriga tributaria
Artigo 4º.- Supostos de non suxeición
Non será de aplicación a taxa regulada na presente Ordenanza nos seguintes supostos:
Artigo 5º. Base impoñible.
A determinación da contía a pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa segundo as tarifas recollidas no artigo sete. Nos casos en que así se determine, se aplicará a porcentaxe sinalada sobre unha base fixada en función da recadación obtida.
Artigo 6º.- Exencións, bonificacións e beneficios fiscais
Aplicaranse os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.
Artigo 7º.- Cota tributaria
Primeiro.- A cota tributaria determinarase por aplicación do seguinte Cadro de Tarifas:
ACTIVIDADES |
PRECIO POR HORA |
ABONO MENSUAL |
ABONO TRIMESTRAL |
ABONO TEMPADA* |
|
Ximnasio |
1,00€ |
20,00€ |
50,00€ |
100,00€/anuais |
|
Actividades con monitor |
2,00 € |
5,00 €/día á semana |
12,50 €/día á semana |
30,00 €/día á semana |
|
Actividades de equipo de pista cuberta |
10,00 € |
|
|
|
|
Actividades de equipo de tercio de pista cuberta |
4,00 € |
|
|
|
|
Actividades de piscina de uso libre |
1,00€ |
20,00€ |
50,00€ |
100,00€/anuais |
|
BONO FAMILIAR BAÑO LIBRE** |
|
30,00 € |
75,00 € |
150,00 €/anuais |
|
Sauna |
1,50€ |
|
|
|
|
Ximnasio + sauna |
2,00€ |
|
|
|
|
Actividades de equipo de campo de fútbol 7 |
Sen luz 14,00€ |
Con luz 21,00€ |
|
|
|
Actividades de equipo de campo de fútbol 11 |
Sen luz 22,00€ |
Con luz 33,00€ |
|
|
|
Actividades de equipo de pista de pádel |
Sen luz 4,00€ |
Con luz 6,00€ |
|
|
|
BONO COMPLETO*** |
|
50,00 € |
125,00 € |
250,00 €/anuais |
|
Cursos especiais |
|
25,00€ |
|
|
|
Torneos individuais |
|
10,00€/inscrición |
|
|
|
Torneos por equipos |
|
50,00€/inscrición |
|
|
|
Aluguer de material |
1,00 €/unidade |
|
|
|
|
Pulseiras acceso |
1,00 €/unidade |
|
|
|
*A TEMPADA COMPRENDERÁ O PERÍODO CORRESPONDENTE AO CURSO ESCOLAR
** O BONO FAMILIAR PARA BAÑO LIBRE (O abono familiar estará integrado polos seguintes membros: cónxuxes ou parellas de feito debidamente inscritas e fillos dos anteriores menores de 18 anos.)
*** O BONO COMPLETO ANUAL DA ACCESO A TODAS AS INSTALACIÓNS DE USO LIBRE (XIMNASIO, PISCINA E SAUNA) E DUAS ACTIVIDADES
Táboa 1
ACTIVIDADES |
membros de unidades familiares nas que os ingresos per cápita non acaden o 75% do IPREM vixente no momento de efectuar a solicitude. |
os maiores de 65 anos ou con discapacidade igual ou superior ao 33%, que conten cuns rendementos económicos brutos per cápita que non superen o 125% do IPREM vixente no momento de efectuar a solicitude. |
Ximnasio |
0,00€ |
0,00€ |
Actividades con monitor |
0,00€ |
0,00€ |
Actividades de piscina de uso libre |
0,00€ |
0,00€ |
BONO FAMILIAR BAÑO LIBRE** |
0,00€ |
0,00€ |
Sauna |
0,00€ |
0,00€ |
Ximnasio + sauna |
0,00€ |
0,00€ |
BONO COMPLETO** |
0,00€ |
0,00€ |
Cursos especiais |
0,00€ |
0,00€ |
Aluguer de material |
0,00€ |
0,00€ |
Pulseiras acceso |
0,00€ |
0,00€ |
Táboa 2
MEMBROS DE FAMILIAS CON TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA/MEMBROS DE FAMILIAS MONOPARENTAIS/ MEMBROS DE UNIDADES FAMILIARES NAS QUE OS INGRESOS PER CÁPITA NON ACADEN O IPREM |
||||
ACTIVIDADES |
PRECIO POR HORA |
ABONO MENSUAL |
ABONO TRIMESTRAL |
ABONO TEMPADA* |
Ximnasio |
0,50€ |
10,00€ |
25,00€ |
50,00€/anuais |
Actividades con monitor |
1,00 € |
2,5 €/día á semana |
6,25 €/día á semana |
15,00 €/día á semana |
Actividades de piscina de uso libre |
0,50€ |
10,00€ |
25,00€ |
50,00€/anuais |
BONO FAMILIAR BAÑO LIBRE** |
|
15,00 € |
37,50 € |
75,00 €/anuais |
Sauna |
0,75€ |
|
|
|
Ximnasio + sauna |
1,00€ |
|
|
|
BONO COMPLETO*** |
|
25,00 € |
75,00 € |
125,00 €/anuais |
Cursos especiais |
|
12,50€ |
|
|
Aluguer de material |
0,50 €/unidade |
|
|
|
Pulseiras acceso |
0,50 €/unidade |
|
|
|
*A TEMPADA COMPRENDERÁ O PERÍODO CORRESPONDENTE AO CURSO ESCOLAR
** O BONO FAMILIAR PARA BAÑO LIBRE (O abono familiar estará integrado polos seguintes membros: cónxuxes ou parellas de feito debidamente inscritas e fillos dos anteriores menores de 18 anos.)
*** O BONO COMPLETO ANUAL DA ACCESO A TODAS AS INSTALACIÓNS DE USO LIBRE (XIMNASIO, PISCINA E SAUNA) E DUAS ACTIVIDADES
Quen reúna os requisitos anteriores, deberá solicitar a acreditación que lle dá dereito á redución con antelación a calquera tipo de matriculación ou inscrición nalgunha das actividades obxecto desta ordenanza. Esta acreditación terá validez dentro do ano natural para o que foi solicitada, sen prexuízo de ser renovada anualmente.
A persoa solicitante deberá xustificar o seu dereito mediante a presentación da seguinte documentación:
Non obstante, resérvase o dereito da administración de solicitar a documentación accesoria que considere axeitada e necesaria de cara á acreditación da concorrencia das circunstancias que determinan a aplicación das bonificacións de que se trate, tal e como se contempla no artigo 3.3 deste Texto Regulador.
Artigo 8º.- Xeración da taxa
Xérase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicita a prestacións dos servizos regulados nesta ordenanza ou se solicita a utilización das instalacións deportivas municipais.
Artigo 9º.- Normas de Xestión
O pago das cotas establecidas no artigo 7º desta Ordenanza realizarase nas propias instalacións deportivas municipais (mediante cobro por TPV, mediante o uso de aplicación informática de xestión de cobros e control de accesos ou calquera outro mecanismo de pagamento que se estableza) ou por ingreso nas contas habilitadas ó efecto nas entidades nas que o Concello de Cedeira teña conta aberta, sempre con carácter previo ó inicio do uso das instalacións ou prestación dos servizos correspondentes:
Para o suposto de actividades que teñan un carácter continuado, o ingreso da cota inicial se realizará coa formalización da inscrición ou matrícula e os sucesivos pagamentos dentro dos primeiros 10 días naturais do período que corresponda.
Nestes casos, a renuncia á utilización das instalacións non outorgará dereito ningún de devolución do importe das taxas aboadas, salvo que a renuncia sexa presentada cunha antelación mínima de 5 días hábiles antes da data do cese da actividade, curso ou utilización.
Poderase domiciliar o pagamento das cotas.
O non pagamento das taxas no prazo establecido, sen solicitar e obter o seu aprazamento por causas debidamente xustificadas, dará lugar á baixa na participación nas actividades en que participe a persoa usuaria.
Artigo 10º. Infraccións e sancións tributarias
Nestes casos, cando a destrución ou deterioración das instalacións sexa inherente ao uso solicitado, o beneficiario estará obrigado ao depósito previo do importe correspondente. En aqueles casos en que tal destrución ou deterioración sexa por consecuencia do mal uso destas, a unidade de patrimonio municipal instruirá expediente independente en orde ao requirimento ao beneficiario dos custos ou indemnizacións a que se fixo referencia no parágrafo anterior. En todo caso, será o suxeito pasivo da taxa o obrigado a facer fronte ante o Concello dos custos ou indemnizacións que procedan, independentemente da súa repercusión, mediante os medios xurídicos que procedan, á persoa ou persoas que ocasionaran a destrución ou a deterioración das instalacións.
Disposición derrogatoria
Queda derrogada, expresamente a ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas e de prestación de actividades deportivas, publicada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña número 162, de data 17 de agosto de 2013
Disposición final
Nos casos non previstos especificamente nesta Ordenanza, rexerán as disposicións previstas na lexislación tributaria aplicable.
A presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada definitivamente polo Pleno en sesión realizada o 26 de maio de 2022, entrará en vigor ao día seguinte da publicación definitiva do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e producirá efectos mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación”