Sede electrónica Ayuntamiento de Cedeira

05:01:10 Domingo 24 de noviembre 2024

Información

TESOURERÍA

01/07/2022

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS E USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

EXP: 2021/G015/000002

ANUNCIO

 

Aprobada definitivamente en sesión plenaria de 26 de maio de 2022, a ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA TAXA POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS E POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, procédese, en cumplimento do artigo 17.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais, a súa publicación.

 

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS E POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

 

 

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

 

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o Concello de Cedeira establece a taxa por prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais, a que se refire o artigo 20. 4. O) do propio real decreto lexislativo, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, e cuxas normas atenden ao prevido no artigo 57 do citado real decreto lexislativo.

 

Artigo 2º.- Feito impoñible

 

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida como consecuencia da utilización por persoas físicas ou xurídicas, calquera que sexa a súa clase, das instalacións deportivas de carácter municipal, incluída a utilización do equipamento ou accesorios correspondentes ou a prestación de actividades deportivas organizadas polo Concello ou organismo dependente nas devanditas instalacións deportivas municipais, para as cales se estableceran a devandita contraprestación.

Queda fóra do feito impoñible, gravado pola taxa reguladora nesta ordenanza fiscal, a utilización e desfrute das instalacións deportivas municipais para finalidades relativas a competicións deportivas oficiais.

Artigo 3º.- Obriga tributaria

  1. Son obrigados tributarios, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que soliciten a utilización das instalacións ou a prestación dos servizos suxeitos e quen as utilice aínda sen obter a preceptiva autorización.
  2. Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei xeral tributaria
  3. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores e liquidadores de quebras, concursos, sociedades i entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 4º.- Supostos de non suxeición

Non será de aplicación a taxa regulada na presente Ordenanza nos seguintes supostos:

  1. Con ocasión de actos, cursos, certames, torneos ou festexos organizados por  asociacións inscritas no Concello ou calquera outra entidade pública.
  2. Nos partidos, ou competicións deportivas de carácter oficial, en calquera modalidade e categoría, cando a entrada sexa gratuíta.
  3. Actividades organizadas, dentro do horario lectivo, polos centros de ensino oficiais do municipio.
  4. Adestramentos e partidos organizados polos clubs deportivos con sede no municipio.

Artigo 5º. Base impoñible.

A determinación da contía a pagar realizarase mediante o sistema de cota fixa segundo as tarifas recollidas no artigo sete. Nos casos en que así se determine, se aplicará a porcentaxe sinalada sobre unha base fixada en función da recadación obtida.

Artigo 6º.- Exencións, bonificacións e beneficios fiscais

Aplicaranse os beneficios fiscais previstos en normas con rango de lei e nos tratados internacionais.

Artigo 7º.- Cota tributaria

Primeiro.- A cota tributaria determinarase por aplicación do seguinte Cadro de Tarifas:

 

  1. TARIFAS XERAIS PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS

 

ACTIVIDADES

PRECIO POR HORA

ABONO MENSUAL

ABONO TRIMESTRAL

ABONO TEMPADA*

Ximnasio

1,00€

20,00€

50,00€

100,00€/anuais

Actividades con monitor

2,00 €

5,00 €/día á semana

12,50 €/día á semana

30,00 €/día á semana

Actividades de equipo de pista cuberta

10,00 €

 

 

 

Actividades de equipo de tercio de pista cuberta

4,00 €

 

 

 

Actividades de piscina de uso libre

1,00€

20,00€

50,00€

100,00€/anuais

BONO FAMILIAR BAÑO LIBRE**

 

30,00 €

75,00 €

150,00 €/anuais

Sauna

1,50€

 

 

 

Ximnasio + sauna

2,00€

 

 

 

Actividades de equipo de campo de fútbol 7

Sen luz

14,00€

Con luz

21,00€

 

 

 

Actividades de equipo de campo de fútbol 11

Sen luz

22,00€

Con luz

33,00€

 

 

 

Actividades de equipo de pista de pádel

Sen luz

4,00€

Con luz

6,00€

 

 

 

BONO COMPLETO***

 

50,00 €

125,00 €

250,00 €/anuais

Cursos especiais

 

25,00€

 

 

Torneos individuais

 

10,00€/inscrición

 

 

Torneos por equipos

 

50,00€/inscrición

 

 

Aluguer de material

1,00 €/unidade

 

 

 

Pulseiras acceso

1,00 €/unidade

 

 

 

 

*A TEMPADA COMPRENDERÁ O PERÍODO CORRESPONDENTE AO CURSO ESCOLAR

** O BONO FAMILIAR PARA BAÑO LIBRE (O abono familiar estará integrado polos seguintes membros: cónxuxes ou parellas de feito debidamente inscritas e fillos dos anteriores menores de 18 anos.)

*** O BONO COMPLETO ANUAL DA ACCESO A TODAS AS INSTALACIÓNS DE USO LIBRE (XIMNASIO, PISCINA E SAUNA) E DUAS ACTIVIDADES

  1. TARIFAS BONIFICADAS PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Táboa 1

ACTIVIDADES

membros de unidades familiares nas que os ingresos per cápita non acaden o 75% do IPREM vixente no momento de efectuar a solicitude.

os maiores de 65 anos ou con discapacidade igual ou superior ao 33%, que conten  cuns rendementos económicos brutos per cápita que non superen o 125% do IPREM vixente no momento de efectuar a solicitude.

Ximnasio

0,00€

0,00€

Actividades con monitor

0,00€

0,00€

Actividades de piscina de uso libre

0,00€

0,00€

BONO FAMILIAR BAÑO LIBRE**

0,00€

0,00€

Sauna

0,00€

0,00€

Ximnasio + sauna

0,00€

0,00€

BONO COMPLETO**

0,00€

0,00€

Cursos especiais

0,00€

0,00€

Aluguer de material

0,00€

0,00€

Pulseiras acceso

0,00€

0,00€

Táboa 2

MEMBROS DE FAMILIAS CON TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA/MEMBROS DE FAMILIAS MONOPARENTAIS/ MEMBROS DE UNIDADES FAMILIARES NAS QUE OS INGRESOS PER CÁPITA NON ACADEN O IPREM

ACTIVIDADES

PRECIO POR HORA

ABONO MENSUAL

ABONO TRIMESTRAL

ABONO TEMPADA*

Ximnasio

0,50€

10,00€

25,00€

50,00€/anuais

Actividades con monitor

1,00 €

2,5 €/día á semana

6,25 €/día á semana

15,00 €/día á semana

Actividades de piscina de uso libre

0,50€

10,00€

25,00€

50,00€/anuais

BONO FAMILIAR BAÑO LIBRE**

 

15,00 €

37,50 €

75,00 €/anuais

Sauna

0,75€

 

 

 

Ximnasio + sauna

1,00€

 

 

 

BONO COMPLETO***

 

25,00 €

75,00 €

125,00 €/anuais

Cursos especiais

 

12,50€

 

 

Aluguer de material

0,50 €/unidade

 

 

 

Pulseiras acceso

0,50 €/unidade

 

 

 

*A TEMPADA COMPRENDERÁ O PERÍODO CORRESPONDENTE AO CURSO ESCOLAR

** O BONO FAMILIAR PARA BAÑO LIBRE (O abono familiar estará integrado polos seguintes membros: cónxuxes ou parellas de feito debidamente inscritas e fillos dos anteriores menores de 18 anos.)

*** O BONO COMPLETO ANUAL DA ACCESO A TODAS AS INSTALACIÓNS DE USO LIBRE (XIMNASIO, PISCINA E SAUNA) E DUAS ACTIVIDADES

 

Quen reúna os requisitos anteriores, deberá solicitar a acreditación que lle dá dereito á redución con antelación a calquera tipo de matriculación ou inscrición nalgunha das actividades obxecto desta ordenanza. Esta acreditación terá validez dentro do ano natural para o que foi solicitada, sen prexuízo de ser renovada anualmente.

A persoa solicitante deberá xustificar o seu dereito mediante a presentación da seguinte documentación:

  1. No caso das bonificacións contempladas na táboa 1: DNI do solicitante, última declaración do IRPF e volante de padrón acreditativo dos inscritos na mesma folla padroal que se incorporará ao expediente de oficio polo concello.
  2. No caso da bonificación contemplada na táboa 2 deberá acompañar: DNI do solicitante e título de familia numerosa en vigor ou DNI do solicitante e certificado de familia monoparental en vigor emitido pola autoridade competente, ou DNI do solicitante, última declaración do IRPF e volante de padrón acreditativo dos inscritos na mesma folla padroal que se incorporará ao expediente de oficio polo concello.

 

Non obstante, resérvase o dereito da administración de solicitar a documentación accesoria que considere axeitada e necesaria de cara á acreditación da concorrencia das circunstancias que determinan a aplicación das bonificacións de que se trate, tal e como se contempla no artigo 3.3 deste Texto Regulador.

 

Artigo 8º.- Xeración da taxa

 

Xérase a taxa e nace a obriga de contribuír dende que se solicita a prestacións dos servizos regulados nesta ordenanza ou se solicita a utilización das instalacións deportivas municipais.

 

Artigo 9º.- Normas de Xestión

O pago das cotas establecidas no artigo 7º desta Ordenanza realizarase nas propias instalacións deportivas municipais (mediante cobro por TPV, mediante o uso de aplicación informática de xestión de cobros e control de accesos ou calquera outro mecanismo de pagamento que se estableza) ou por ingreso nas contas habilitadas ó efecto nas entidades nas que o Concello de Cedeira teña conta aberta, sempre con carácter previo ó inicio do uso das instalacións ou prestación dos servizos correspondentes:

  1. No momento de entrar ao recinto de que se trate.
  2. No momento de formalizar a inscrición como abonado
  3. Cando se solicite polo usuario o aluguer ou reserva de uso da instalación ou pista de que se trate.

Para o suposto de actividades que teñan un carácter continuado, o ingreso da cota inicial se realizará coa formalización da inscrición ou matrícula e os sucesivos pagamentos dentro dos primeiros 10 días naturais do período que corresponda.

Nestes casos, a renuncia á utilización das instalacións non outorgará dereito ningún de devolución do importe das taxas aboadas, salvo que a renuncia sexa presentada cunha antelación mínima de 5 días hábiles antes da data do cese da actividade, curso ou utilización.

 

  1. O pagamento da referida taxa efectuarase da seguinte forma:

 

  • Para as actividades, ao inicio da actividade aboarase a primeira mensualidade/período e as seguintes mensualidades/períodos aboaranse ao inicio de cada mes, dentro dos dez primeiros días.

      Poderase domiciliar o pagamento das cotas.

  • No caso de alugueres/ocupación das instalacións o pagamento realizarase nunha soa vez no momento de formalizar a reserva correspondente, ou no momento previo á entrada da instalación alugada.

O non pagamento das taxas no prazo establecido, sen solicitar e obter o seu aprazamento por causas debidamente xustificadas, dará lugar á baixa na participación nas actividades en que participe a persoa usuaria.

  1. A xestión e recadación da taxa encoméndase ao Servizo Municipal de Deportes, supervisada polos servizos económicos do Concello.

 

  1. Segundo o prevido no artigo 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o importe da taxa reguladora na presente Ordenanza esixirase en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente antes de presentar a solicitude ou iniciar o aproveitamento. No caso de devolución de recibos, imputarase ao obrigado ao pago o importe dos custos da devolución e de emisión dun novo recibo, sen prexuízo das consecuencias referentes a suspensión da utilización das instalación ou realización de actividades, conforme se estableza no regulamento correspondente.

 

  1. Os escritos recibidos polos condutos distintos do Rexistro Municipal, a que fai referencia o artigo 16 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, que non veñan acompañados do xustificante de ingreso dos dereitos correspondentes, serán admitidos provisionalmente pero non poderá dárselles curso sen que se emende a deficiencia ao fin da cal se requirirá ao interesado para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte a aquel en que lle sexa notificado o devandito requirimento, aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que transcorrido o devandito prazo sen efectualo, se terán os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude, previos os trámites oportunos.

 

  1. En todo caso, unha vez iniciado o expediente, a Administración municipal poderá comprobar a realidade dos datos achegados polo interesado así como calquera outros que haxan de servir de base para o cálculo dos dereitos correspondentes e, á vista dos resultados de tal comprobación, practicará a liquidación oportuna, con dedución do, se é o caso, ingresado mediante autoliquidación.

 

  1. Non obstante o indicado nos parágrafos anteriores, poderán establecerse convenios de colaboración con Entidades, Institucións ou Organizacións representativas dos suxeitos pasivos co fin de simplificar o cumprimento das obrigas formais e materiais ou os procedementos de liquidación e recadación derivados da realización do feito impoñible da taxa.

 

  1. Con carácter xeral, o importe da taxa non poderá ser devolto máis que no caso de non se levar a cabo a utilización da instalación e sempre por causas non imputables ao suxeito pasivo. Non obstante, poderanse atender solicitudes de devolución da parte proporcional fóra desta norma xenérica nos seguintes casos:

 

  1. Cando o interesado proceda, e así estea xustificado no expediente, a realizar o oportuno preaviso de non utilización da instalación dentro do prazo que se estableza na normativa reguladora do uso das instalacións e sempre respectando unha antelación mínima de 5 días hábiles antes da data de cese na actividade, curso ou utilización.
  2. Nos casos de abonos por uso periódico das instalacións, cando se suspenda por máis de 15 días naturais o dereito de reserva de uso das instalacións dentro do exercicio económico ou período de actividades para a que se adquiriu a condición de subscritor, sempre que non se trate dunha suspensión temporal motivada por causas de forza maior, reparación de avarías, realización de obras e tarefas necesarias de mantemento e circunstancias análogas.

 

Artigo 10º. Infraccións e sancións tributarias

 

  1. Cando a utilización das instalacións leve aparellado a destrución ou deterioración destas, o beneficiario, sen prexuízo do pagamento da taxa, estará obrigado ao reintegro do custo total dos respectivos gastos de reconstrución ou reparación ou, se os danos fosen irreparables, ao abono dunha indemnización en contía global ao valor dos bens destruídos ou ao importe da deterioración dos danos.

 

Nestes casos, cando a destrución ou deterioración das instalacións sexa inherente ao uso solicitado, o beneficiario estará obrigado ao depósito previo do importe correspondente. En aqueles casos en que tal destrución ou deterioración sexa por consecuencia do mal uso destas, a unidade de patrimonio municipal instruirá expediente independente en orde ao requirimento ao beneficiario dos custos ou indemnizacións a que se fixo referencia no parágrafo anterior. En todo caso, será o suxeito pasivo da taxa o obrigado a facer fronte ante o Concello dos custos ou indemnizacións que procedan,  independentemente da súa repercusión, mediante os medios xurídicos que procedan, á persoa ou persoas que ocasionaran a destrución ou a deterioración das instalacións.

 

  1. En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que por estas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e na normativa regulamentaria ditada en desenvolvemento desta última.

 

Disposición derrogatoria

 

Queda derrogada, expresamente a ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas e de prestación de actividades deportivas, publicada no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña número 162, de data 17 de agosto de 2013

 

Disposición final

 

Nos casos non previstos especificamente nesta Ordenanza, rexerán as disposicións previstas na lexislación tributaria aplicable.

 

A presente Ordenanza Fiscal, que foi aprobada definitivamente polo Pleno en sesión realizada o 26 de maio de 2022, entrará en vigor ao día seguinte da publicación definitiva do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e producirá efectos mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación”


Justificantes de Publicación: