Sede electrónica Concello de Cedeira

15:16:01 Luns 24 de xaneiro 2022

Información

TESOURERIA

10/12/2021

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS E USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Aprobación inicial de Ordenanza fiscal

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 25 de novembro de 2021, adoptou acordo de aprobación  da Ordenanza Municipal REGULADORA DA TAXA POLA PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DEPORTIVAS E POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.

Sométese o devandito expediente a información pública e audiencia aos interesados no portal web do Concello, no Taboleiro de Edictos e no Boletín Oficial da Provincia, conforme ao establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e artigo 133.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro dos cales os interesados poderánexaminalo nos Servizos Económicos do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

O acordo de aprobación inicial elevarase a definitivo no caso de que non se produzan reclamacións durante o prazo de exposición pública do expediente, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das FacendasLocais.


Xustificantes de Publicación: