PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS 2026
EXP: 2026/A013/000001
PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE CEDEIRA PARA O ANO 2026.
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
ARTIGO 1. DEFINICIÓN E OBXECTIVOS.
1.- O establecemento de subvencións para este Concello durante o ano 2026 axustarase ao previsto neste Plan.
2.- Os obxectivos estratéxicos que describen o efecto e impacto que se espera logar coa acción institucional durante o período de vixencia do Plan recóllense para cada liña de actividade subvencional do presente Plan e están vinculados cos obxectivos establecidos nos correspondentes programas orzamentarios e en particular cos criterios de formación do orzamento para o exercicio económico de 2026.
ARTIGO 2. ÁMBITO OBXECTIVO E LIÑAS DE SUBVENCIÓN.
1.- Tratándose dun instrumento de carácter programático, o Plan Estratéxico de Subvencións debe contemplar todas as figuras que supoñan un instrumento de fomento, sexa cal sexa a súa natureza xurídica. Polo tanto debe contemplar non só as subvencións, senón as demais entregas de diñeiro sen contraprestación, os préstamos, avais e cantas outras figuras supoñan ou poidan supoñer pagos a favor dos interesados, efectuados con cargo ós fondos públicos.
2.- Exceptúanse do ámbito do presente Plan as aportacións contempladas nos apartados 2.3 e 4 do artigo 2 e no artigo 4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro. Exceptúanse igualmente as subvencións á explotación que se poidan incluír nas diferentes concesións de servizos que se regularán na normativa contractual de aplicación.
3.- O Concello concederá subvencións a favor das persoas ou Entidades privadas coa finalidade de fomentar a realización de actividades de utilidade pública ou interese social ou para promover a consecución de fins públicos atribuídos á competencia local.
4.- Establécense as seguintes áreas durante o período de vixencia do Plan:
ARTIGO 3. EFECTIVIDADE DAS DISPOSICIÓNS CONTIDAS NO PRESENTE PLAN.
1.- O establecemento efectivo das subvencións previstas neste Plan requirirá a inclusión das consignacións correspondentes nos Orzamentos municipais de cada ano, e no caso das subvencións de concorrencia competitiva a aprobación das bases reguladoras da súa concesión.
2.- A aprobación das mencionadas bases será competencia da Xunta de Goberno Local.
3.- En consecuencia, co sinalado anteriormente, a aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións non supón a xeración de dereito algún en favor dos potenciais beneficiarios, que non poderán esixir indemnización ou compensación algunha no caso de que o Plan non se leve á práctica nos seus propios termos.
ARTIGO 4. VIXENCIA E MODIFICACIÓN DO PLAN.
1.- De acordo co previsto no artigo 11.4 do RXS o presente Plan Estratéxico de Subvencións terá vixencia durante o ano 2026.
2.- Co obxecto de non alterar a natureza do Plan como documento integral da actividade subvencional do Concello as modificacións do mesmo reduciranse ó máximo posible.
3.- As modificacións que se instrumenten deberán ser xustificadas e adecuadamente motivadas e en todo caso realizaranse durante o primeiro e último trimestre de cada anualidade, sendo o órgano competente para a súa aprobación o Pleno da Corporación.
ARTIGO 5. CUSTOS E FINANCIAMENTO.
1.- O Plan estratéxico de subvencións non require compromiso orzamentario algún.
2.- A materialización das liñas de subvencións nas correspondentes convocatorias ou convenios, si riquerirán de consignación orzamentaria e aprobación do gasto para facer fronte ós compromisos que das mesmas puideran derivarse.
3.- As subvencións incluídas no Plan fináncianse con cargo ós recursos xerais do Orzamento Municipal a excepción de algunhas actuacións incluídas na liña número 2: Subvencións en materia de servizos sociais que son cofinanciadas.
ARTIGO 6. LÍMITES Á ACTIVIDADE SUBVENCIONAL
1.- A actividade subvencional programada neste Plan poderá materializarse sen mais límites que a dispoñibilidade orzamentaria adecuada e suficiente para cada liña anual e aqueles outros condicionantes que en cada caso impoña a lexislación vixente aplicable. No caso das actuacións incluídas na liña 2 que son cofinanciadas, de non incluírse a mesma nas consignacións iniciais do orzamento, unha vez o Concello dispoña do compromiso firme de ingreso poderá modificarse a mesma e polo tanto incrementar os límites á actividade subvencional mediante resolución de Alcaldía e comunicación á Base Nacional de Subvencións sen que teña tal incremento a consideración de modificación do Plan.
2.- En todo caso deberán observarse, en particular, a normativa comunitaria xeral ou específica para o sector de actividade en que incida a liña de subvención e/ou os límites propios que se deriven da persoa ou entidade beneficiaria.
CAPÍTULO II. ÁREA ALCALDÍA.
ARTIGO 7. ASIGNACIÓN ÓS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS.
1.- Prevése a seguinte liña coa finalidade de sufragar os gastos relacionados coa actuación corporativa dos diferentes grupos municipais:
|
LIÑA DE SUBVENCIÓN |
PROCEDEMENTO SUBVENCIÓN |
NATUREZA |
ENTIDADE SUBVENCIONADA |
Financiación |
2026 |
|
ASIGNACIÓN GRUPOS POLÍTICOS |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Grupos Políticos Municipais Concello Cedeira |
Fondos propios |
11.400,00 € |
|
TOTAL ÁREA 1. ALCALDÍA |
11.400,00 € |
||||
CAPÍTULO III. ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS.
ARTIGO 8. LIÑAS DE AXUDA EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS.
1.- Establécense as seguintes liñas de axuda en materia de servizos sociais:
a) Programa emerxencia social.
a.1) Obxectivos: Paliar ou resolver, por si mesmas ou complementarias con outros recursos e prestacións, situacións de emerxencia social e previr situacións de exclusión social.
a.2) Efectos pretendidos: Dar resposta con carácter inmediato a situacións puntuais de necesidade xeradas por unha emerxencia individual e/ou familiar sempre e cando exista unha carencia de medios económicos para satisfacer a necesidade e factores de risco social.
b) Asociación de Padres y Amigos de los Deficientes Mentales de Régoa (APADER)
b.1) Obxectivos: Contribuir ó mantemento da Asociación coa finalidade de garantir o seu funcionamento.
b.2) Efectos pretendidos: Dar resposta ás necesidades sociais e persoais deste colectivo.
|
LIÑA DE SUBVENCIÓN |
PROCEDEMENTO SUBVENCIÓN |
NATUREZA |
ENTIDADE SUBVENCIONADA |
Financiación |
2026 |
|
PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL |
Concurrencia non competitiva |
Subvención dineraria |
---------- |
Cofinanciamento Deputación Provincial |
20.000,00 € |
|
CONVENIO DE COLABORACIÓN CON APADER |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Asociación de Padres y Amigos de los Deficientes Mentales de Régoa (APADER) |
Fondos propios |
10.000,00 € |
|
TOTAL ÁREA 2. SERVIZOS SOCIAIS
|
30.000,00 € |
||||
CAPÍTULO IV. ÁREA DE SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIVIL.
ARTIGO 9. LIÑAS DE AXUDA EN MATERIA DE SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIVIL.
1.-Prevénse as seguintes liñas:
a.1) Obxectivos: Contribuir ó mantemento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil constituida no Concello de Cedeira coa finalidade de garantir a xestión de emerxencias e a súa prevención.
a.2) Efectos pretendidos: Fomentar a colaboración voluntaria e desinteresada cos órganos, autoridades e servizos competentes en materia de Protección Civil, para a realización das actividades que se correspondan cos fins estatutarios.
b) Cruz Vermella.
b.1) Obxectivos: Contribuir ó mantemento da Asemblea Local de Cruz Vermella constituida no Concello de Cedeira coa finalidade de garantir a prestación de servizos de seguridade cidadá en eventos culturais e deportivos, sobre todo relacionados co mar.
b.2) Efectos pretendidos: Fomentar a colaboración voluntaria e desinteresada cos órganos, autoridades e servizos competentes da Asemblea Local de Cruz Vermella, para a realización das actividades que se correspondan cos fins estatutarios.
|
LIÑA DE SUBVENCIÓN |
PROCEDEMENTO SUBVENCIÓN |
NATUREZA |
ENTIDADE SUBVENCIONADA |
Financiación |
2026 |
|
CONVENIO DE COLABORACIÓN COA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil |
Fondos propios |
20.500,00 € |
|
CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASEMBLEA LOCAL CRUZ VERMELLA |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Agrupación Local Cruz Vermella |
Fondos propios |
3.800,00 € |
|
TOTAL ÁREA 3. SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIVIL |
24.300,00 € |
||||
CAPÍTULO V. ÁREA DE SALUBRIDADE PÚBLICA.
ARTIGO 10. LIÑAS DE AXUDA EN MATERIA DE SALUBRIDADE PÚBLICA.
1.-Prevése a seguinte liña:
a) Asistencia de animais abandoados.
a.1) Obxectivos: Contribuír ó mantemento da Asociación de Benestar Animal (ABAC) para a protección e defensa dos animais de compañía coa finalidade de garantir a asistencia de animais domésticos abandonados, a manutención e o coidado dos mesmos, co fin de salvagardalos nas mellores condicións hixiénico-sanitarias.
a.2) Efectos pretendidos: Fomentar a colaboración voluntaria e desinteresada cos órganos, autoridades e servizos competentes en materia de salubridade pública coa finalidade de garantir a asistencia dos animais domésticos vagabundos e extraviados que deambulen polo termo municipal.
|
LIÑA DE SUBVENCIÓN |
PROCEDEMENTO SUBVENCIÓN |
NATUREZA |
ENTIDADE SUBVENCIONADA |
Financiación |
2026 |
|
CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE BENESTAR ANIMAL CEDEIRA (ABAC) |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Asociación de Benestar Animal Cedeira (ABAC) |
Fondos propios |
12.000,00 € |
|
TOTAL ÁREA 4. SALUBRIDADE PÚBLICA |
12.000,00 € |
||||
CAPÍTULO VI. ÁREA DE EDUCACIÓN.
ARTIGO 11. LIÑAS DE AXUDA EN MATERIA DE EDUCACIÓN.
1.-Prevénse as seguintes liñas de axuda:
a.1) Obxectivos: Colaborar financeiramente na organización de actividades complementarias e extraescolares e saídas didácticas como reforzo educativo organizadas polas mesmas.
a.2) Efectos pretendidos: Enriquecer a formación dos escolares do Concello complementando a actividade reglada que reciben nos centros, adquirindo non só coñecementos académicos, senón outros moitos valores asociados como coordinación, elasticidade, axilidade, traballo en equipo, formas de expresión, autoestima, creatividade, disciplina...
|
LIÑA DE SUBVENCIÓN |
PROCEDEMENTO SUBVENCIÓN |
NATUREZA |
ENTIDADE SUBVENCIONADA |
Financiación |
2026 |
|
CONVENIO ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS "PICA PEIXE" DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as "Pica Peixe" do CEIP Nicolás del Río |
Fondos Propios |
10.000,00 € |
|
CONVENIO ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS/AS "O BECO" DO IES PUNTA CANDIEIRA |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as "O Beco" do IES Punta Candieira |
Fondos Propios |
10.000,00 € |
|
TOTAL ÁREA 5. EDUCACIÓN |
20.000,00 € |
||||
CAPÍTULO VII. ÁREA DE CULTURA.
ARTIGO 12. LIÑAS DE AXUDA EN MATERIA DE PROMOCIÓN CULTURAL.
1.-Prevese a seguinte liña de axuda:
a) Asociacións culturais.
a.1) Obxectivos: Colaborar coas diferentes entidades culturais do Concello para sufragar os seus gastos de funcionamento, investimentos e organización de eventos.
a.2) Efectos pretendidos: Fomentar o asociacionismo como canle de participación na vida cultural e social do municipio e como forma de convivencia.
b) Escola de Música.
b.1) Obxectivos: Colaborar financeiramente coa Escola de Música para sufragar os seus gastos de funcionamento.
b.2) Efectos pretendidos: Enriquecer a formación da veciñanza do Concello a través da música e complementar a actividade reglada que reciben nos centros o alumnado dos centros escolares.
c) Premios concurso Pintura rápida.
c.1) Obxectivos: Promover a participación activa da veciñanza no concurso, como medio para propiciar a convivencia entre as/os veciñas/os.
c.2) Efectos pretendidos: Fomentar a participación na vida cultural e social do municipio e como forma de convivencia.
|
LIÑA DE SUBVENCIÓN |
PROCEDEMENTO SUBVENCIÓN |
NATUREZA |
ENTIDADE SUBVENCIONADA |
Financiación |
2026 |
|
CONVOCATORIA DE AXUDAS Á ENTIDADES SOCIOCULTURAIS |
Concorrencia competitiva |
Subvención dineraria |
Asociacións existentes no Concello de Cedeira legalmente constituidas e que realicen actividades socioculturais |
Fondos Propios |
60.000,00 € |
|
CONVENIO ASOCIACIÓN ECUESTRE "A CRINA" |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Asociación ecuestre "A Crina" |
Fondos Propios |
3.500,00 € |
|
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ESCOLA DE MÚSICA VILA DE CEDEIRA. |
Concorrencia competitiva |
Subvención dineraria |
|
Fondos Propios |
34.500,00 € |
|
CONVENIO ASOCIACIÓN MARES DE CEDEIRA |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Asociación Mares de Cedeira |
Fondos Propios |
20.000,00 € |
|
CONVENIO ASOCIACIÓN ARCE AMIGOS DOS RÍOS |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Asociación ARCE Amigos dos Ríos |
Fondos Propios |
6.500,00 € |
|
CONVENIO BANDA DE MÚSICA VILA DE CEDEIRA |
Concesión directa nominativa |
Subvención dineraria |
Banda de Música Vila de Cedeira |
Fondos Propios |
11.000,00 € |
|
PREMIOS CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA
|
Concurrencia competitiva |
Subvención dineraria |
--------- |
Fondos Propios |
1.800,00 € |
|
TOTAL ÁREA 6. PROMOCIÓN CULTURAL |
137.300,00 € |
||||
CAPÍTULO VIII. ÁREA DE FESTAS
ARTIGO 13. LIÑAS DE AXUDA EN MATERIA DE FESTEXOS.
1.-Prevense as seguintes liñas de axuda:
a) Subvencións festas parroquiais.
a.1) Obxectivos: Promover a participación activa da veciñanza nas festas, por un lado, como medio para propiciar a convivencia entre as/os veciñas/os e, por outro lado, como medio para preservar as tradicións existentes nas distintas parroquias do Concello.
a.2) Efectos pretendidos: Lograr unha programación festiva estable como medio de difusión da imaxe do Concello e como dinamizador da actividade de cada parroquia programada e desenvolvida pola veciñanza. Involucrar á veciñanza na participación dos asuntos públicos situándose o Concello nun segundo plano tanto na elección das actividades, como no seu desenvolvemento e financiamento.
b) Premios entroido.
b.1) Obxectivos: Promover a participación activa da veciñanza na festa máis subversiva do ano na que os costumes se relaxan, os roles invértense, rómpense as convencións sociais e se pode rir de todo. Unha festa na que principalmente se valora o espírito participativo e as ganas de divertirse. Así mesmo se pretende manter unha longa tradición popular dunha celebración pagana que celebraba a despedida dos fríos días de inverno e que, cando chegou o cristianismo, mesturouse coa despedida das carnes antes da abstinencia de Coresma. Galicia foi unha das poucas rexións de España que continuou celebrando o Entroido a pesar da prohibición.
b.2) Efectos pretendidos: Lograr unha programación festiva estable como medio de difusión da imaxe do Concello e por outro lado como dinamizador da actividade económica do mesmo a través do turismo e da afluencia de visitantes.
|
LIÑA DE SUBVENCIÓN |
PROCEDEMENTO SUBVENCIÓN |
NATUREZA |
ENTIDADE SUBVENCIONADA |
Financiación |
2026 |
|
PREMIOS ENTROIDO |
Concurrencia competitiva |
Subvención dineraria |
--------- |
Fondos propios |
5.200,00 € |
|
SUBVENCIÓNS FESTAS PARROQUIAIS |
Concurrencia competitiva |
Subvención dineraria |
Asociacións existentes no Concello de Cedeira legalmente constituidas e que organicen festas parroquiais |
Fondos propios |
8.000,00 € |
|
TOTAL ÁREA 7. FESTAS |
13.200,00 € |
||||
CAPÍTULO IX. ÁREA DE DEPORTES
ARTIGO 14. LIÑAS DE AXUDA EN MATERIA DE PROMOCIÓN DEPORTIVA.
1.-Prevese a seguinte liña de axuda:
a) Asociacións deportivas.
a.1) Obxectivos: Favorecer a realización de actividades deportivas no Municipio, apoiar a todo tipo de Entidades Públicas ou Privadas que programen ou realicen actividades de carácter deportivo, para a celebración de competicións ou eventos deportivos. Apoiar a constitución de todo tipo de Entidades Públicas ou Privadas que programen e realicen actividades de carácter deportivo, para a celebración de competicións ou eventos deportivos.
a.2) Efectos pretendidos: Fomentar o deporte como alternativa para a ocupación do ocio e tempo libre e como vehículo de convivencia para a loita contra a violencia, a exclusión social e a drogodependencia. Fomentar a realización de competicións e eventos no Concello, impulsando a participación cidadá nos mesmos tanto na súa elección, como no desenvolvemento e financiación situándose o Concello nun segundo plano (colaboración). Dinamizar a actividade económica do Concello a través da súa oferta deportiva atraendo visitantes e participantes ás mesmas.
|
LIÑA DE SUBVENCIÓN |
PROCEDEMENTO SUBVENCIÓN |
NATUREZA |
ENTIDADE SUBVENCIONADA |
Financiación |
2026 |
|
CONVOCATORIA DE AXUDAS Á ENTIDADES DEPORTIVAS |
Concorrencia competitiva |
Subvención dineraria |
Asociacións existentes no Concello de Cedeira legalmente constituidas e que realicen actividades deportivas |
Fondos Propios |
60.000,00 € |
|
TOTAL ÁREA 8. DEPORTES |
60.000,00 € |
||||
CAPÍTULO X. CONTROL
ARTIGO 15. CONTROL E INDICADORES.
1.-. A Alcaldía da Corporación, levará a cabo o control do cumprimento do presente Plan durante o seu período de vixencia.
2.- Durante o primeiro trimestre de cada ano, a Alcaldía da Corporación, deberá presentar ante o Pleno un informe no que se avalíe a execución do Plan, o grao de cumprimento do Plan, a eficacia e eficiencia do outorgamento de subvencións na consecución dos obxectivos e efectos pretendidos e conclusións, con proposta de suxerencia para a elaboración do seguinte Plan Estratéxico de Subvencións ou a revisión do vixente.
3.- Anualmente poderase realizar a actualización do plan de acordo coa información relevante dispoñible e a avaliación realizada.
ANEXO I. RESUMO DAS LIÑAS DE SUBVENCIÓNS POR ÁREAS ANO 2026
CADRO RESUMO POR ANUALIDADES.
|
AREA |
2026 |
|
Alcaldía |
11.400,00 € |
|
Servizos Sociais |
30.000,00 € |
|
Seguridade e protección civil |
24.300,00 € |
|
Salubridade pública |
12.000,00 € |
|
Educación |
20.000,00 € |
|
Promoción cultural |
137.300,00 € |
|
Festas |
13.200,00 € |
|
Deportes |
60.000,00 € |
CADRO RESUMO POR PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN.
|
AREA |
CONCESIÓN DIRECTA NOMINATIVA |
CONCURRENCIA COMPETITIVA |
CONCURRENCIA NON COMPETITIVA |
|
Alcaldía |
11.400,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
|
Servizos Sociais |
10.000,00 € |
0,00 € |
20.000,00 € |
|
Seguridade e protección civil |
24.300,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
|
Salubridade pública |
12.000,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
|
Educación |
20.000,00 € |
0,00 € |
0,00 € |
|
Promoción cultural |
42.800,00 € |
94.500,00 € |
0,00 € |
|
Festas |
0,00 € |
0,00 € |
13.200,00 € |
|
Deportes |
0,00 € |
60.000,00 € |
0,00 € |
|
TOTAL PLAN ESTRATÉXICO |
120.500,00 € |
154.500,00 € |
32.200,00 € |
DISPOSICION FINAL
Este Plan Estratéxico de Subvencións para o ano 2026, entrará en vigor unha vez fose aprobado polo Pleno do Concello de Cedeira.
Cedeira, na data da sinatura dixital.
O Alcalde.
Pablo Diego Moreda Gil