Sede electrónica Ayuntamiento de Cedeira

04:44:59 Domingo 24 de noviembre 2024

Información

TESOURERÍA

30/06/2022

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE RETIRADA, INMOBILIZACIÓN, DEPÓSITO E CUSTODIA DE VEHÍCULOS

EXP: 2021/G015/000004

ANUNCIO

 

Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automáticamente elevado a definitivo o acordo plenario provisional do Concello de Cedeira sobre a modificación da Ordenanza ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS DE INMOBILIZACIÓN, RETIRADA, DEPÓSITO E CUSTODIA DE VEHÍCULOS DO CONCELLO DE CEDEIRA, cuxo texto modificado se publica en cumplimento do artigo 17.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.

 

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLOS SERVIZOS DE INMOBILIZACIÓN, RETIRADA, DEPÓSITO E CUSTODIA DE VEHÍCULOS DO CONCELLO DE CEDEIRA

ARTIGO 1.

A presente ordenanza ten por obxecto o establecemento e a regulación dunha taxa pola prestación do servizo de retirada ou inmobilización de vehículos na vía pública e a custodia dos mesmos no depósito ou lugar establecido para o efecto, de conformidade co establecido no artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, e nos artigos 2, 15 a 27 e 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo (BOE nº 59, de 9 de marzo de 2004).

 

ARTIGO 2.

A exacción  fundaméntase  na necesaria  contraprestación  económica pola prestación dun servizo público de competencia local que afecta de modo particular  aos suxeitos pasivos do tributo, sendo a súa recepción obrigatoria para os mesmos, e vir imposta a súa prestación polas disposicións legais ou regulamentarias vixentes.

 

ARTIGO 3.

1.- Constitúe o feito impoñible da taxa, a inmobilización, transporte e retirada da vía pública e o depósito e custodia daqueles vehículos estacionados que haxan de ser retirados pola administración municipal de acordo coa lexislación vixente.

En concreto, atópase suxeita á taxa a prestación dos seguintes servizos: a inmobilización, retirada e depósito de toda clase de vehículos que se atopen nos supostos previstos nos artigos 84, 85 e 86 do R.D.L. 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o Texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria e nos recollidos na normativa municipal, en especial na Ordenanza Xeral Municipal de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial (BOP nº 66 de 12 de abril de 2010).

De acordo coa dita normativa, atópase suxeita á Taxa a retirada de vehículos motivado por obras, instalacións, eventos sociais, competicións deportivas, etc., que se realicen nas vías públicas e estén debidamente autorizados e sinalizada no lugar correspondente a dita autorización e a prohibición do estacionamento, de forma previa ao mesmo e cunha antelación mínima de 24 horas.

2.- Non están suxeitos á taxa a retirada e depósito de toda clase de vehículos que, estando debidamente estacionados, teñan o seu fundamento en supostos de perigo grave e inminente para as persoas ou os bens.

 

ARTIGO 4.

Son obrigados ao pagamento desta prestación patrimonial de carácter público os titulares dos vehículos inmobilizados, custodiados ou retirados, entendéndose por tales quen figure no permiso de circulación do vehículo, excepto no caso de vehículos roubados, circunstancia que deberá acreditarse mediante a achega  de copia da denuncia presentada pola súa subtracción, sen prexuízo das comprobacións que se efectúen pola Policía Local.

No caso de vehículos que sexan retirados da vía pública ou de calquera outro espazo da cidade por roubo, aplicaráselles a estes a taxa de depósito e garda de vehículos se os mesmos non son retirados dentro das 48 horas seguintes a ser avisados da súa localización aos propietarios.

Nos casos nos que o servizo se preste a requirimento de calquera Autoridade xudicial ou administrativa en virtude da correspondente resolución, considerarase obrigado ao pago a Administración Pública de quen dependa.

Nos casos nos que o servizo se preste para a realización de obras na vía publica para as que se conte coa debida autorización administrativa será obrigado ao pago a empresa ou organismo que solicite a retirada, salvo naqueles casos     nos que a prohibición de estacionamento fose debidamente sinalizada con anterioridade e o vehículo fose estacionado posteriormente, nos que se considerará obrigado ao pago o titular do vehículo.

 

ARTIGO 5.

Responderán solidariamente do pago destas taxas quen conduza o vehículo no momento da súa inmobilización ou   retirada.

 

ARTIGO 6.

Estarán excluídos do pagamento dos servizos regulados na presente ordenanza, os servizos realizados nos casos de substracción ou outras formas de utilización do vehículo en contra da vontade do seu titular debidamente xustificados e sempre que fosen retirados nun prazo máximo de 48 horas dende o aviso da súa localización aos propietarios. Transcorrido ese periodo de tempo, aplicaráselles a taxa que corresponda.

Estarán excluídos os traslados de vehículos que estando debidamente estacionados fose necesario retirar das vías públicas por impedir ou obstaculizar a realización dun servizo público de carácter urxente; porque teñan o seu fundamento en supostos de perigo grave e inminente para as persoas ou os bens ou por causas de forza maior debidamente xustificadas.

 

ARTIGO 7. TARIFAS:

A)        Pola inmobilización dun vehículo na vía pública ou en calquera outro lugar, realizado pola Policía Local ou ordenado pola Autoridade competente segundo o disposto, e nos casos que se establezan na Lei de Seguridade Vial e Regulamentos que a desenvolven e demais disposicións en vigor en materia de tráfico.

1. Motocicletas, ciclomotores, vehículos de mobilidade persoal (VMP) e remolques con masa máxima autorizada inferior a 750 kg (sen matricular):

Inmobilización 20 €

Incremento diario por deposito e custodia 5€

2. Turismos e similares, cuadriciclos, triciclos con cabina (motocarro), quads, caravanas, tractores e remolques con masa máxima autorizada superior a 750 kg (matriculados):

Inmobilización 20 €

Incremento diario por deposito e custodia 5€

3. Camións, autobuses, autocares, semirremolques e similares:

Inmobilización 30 €

Incremento diario por deposito e custodia 10 €

B)        Pola retirada, transporte e custodia nos restantes casos:

1. Motocicletas, ciclomotores e remolques con masa máxima autorizada inferior a 750 kg (sen matricular):

Retirada, depósito e custodia: 60€

Incremento diario por deposito e custodia 5 €

2. Turismos, cuadriciclos, triciclos con cabina (motocarro), quads, remolques con masa máxima autorizada superior a 750 kg (matriculados), e similares:

Retirada, depósito e custodia: 90 €

Incremento diario por deposito e custodia 5 €

3. Camións, autobuses, autocares, caravanas, tractores, semirremolques e similares:

Retirada, depósito e custodia: 200 €

Incremento diario por deposito e custodia 10 €

4. Outros vehículos especiais, contenedores, elevadores, material de obra voluminoso, e similares:

Retirada, depósito, custodia: 250 €

Incremento diario por deposito e custodia 20 €

O incremento diario aplicarase a partir das 00:00 horas do seguinte día ao inicio da inmobilización ou ao da retirada. Computarase por día completo ou fracción.

Se o condutor, titular administrativo, propietario ou persoa encargada do vehículo ou contenedor se fixese cargo do mesmo ou procedese a retiralo pola súa conta, sen que se completase o traslado pola Administración Municipal ou a inmobilización no seu caso, a cota será a que resulte de aplicar sobre a tarifa de retirada ou inmobilización unha reducion do 50% do total da cota que se denominará “Cota de Enganche”.

 

ARTIGO 8

1.-A obriga de pagamento da prestación patrimonial de carácter público regulada na presente ordenanza nace no momento en que se preste o servizo ou simplemente no momento en que se tivese iniciado, entendo por tal dende que se colocan os aparellos para a inmobilización ou retirada, sen prexuízo neste último caso, de redución no importe da cota na forma establecida no artigo anterior, cando o condutor, titular ou persoa encargada do vehículo se faga cargo do mesmo ou proceda a retiralo pola súa conta.

2.- A taxa xestionarase polo procedemento de autoliquidación e cobrarase mediante TPV, ingreso en conta de titularidade do Concello de Cedeira en entidade bancaria ou pagamento telemático, no caso de que éste se establecese.

4.- Para a recollida do vehículo, os interesados ingresarán polo procedemento de autoliquidación, o importe da prestación calculada segundo o disposto no artigo 7 desta Ordenanza.

3.- Se no prazo de 30 días naturais dende a retirada do vehículo pola grúa, éste non fose retirado do depósito municipal coa presentación da autoliquidación e ingreso da taxa, procederase a realizar a correspondente liquidación administrativa da débeda, notificación desta co correspondente recibo normalizado. De non dispor doutros datos, o suxeito obrigado ao pagamento será o que figure como titular do vehículo, sendo o enderezo aos efectos de notificación o que figure no rexistro administrativo da Dirección Xeral de Tráfico, na Base de Datos de contribuíntes ou ben noutros rexistros do Concello.

A contía da débeda será pola retirada e transporte do vehículo ata o depósito, máis o depósito e custodia ata o día da liquidación, facendo constar que por cada día que transcorra, a débeda aumenta no importe que fixa o artigo 7 da Ordenanza en concepto de “incremento diario por depósito e custodia”, sen prexuízo das sancións impostas no momento da inmobilización.

Os prazos para o pagamento da liquidación en período voluntario serán os seguintes:

-           Se a notificación da liquidación se realiza entre os días un e 15 de cada mes, dende a data de recepción da notifi- cación ata o día 20 do mes posterior e, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

-           Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, dende a data de recepción da notificación ata o día cinco do seguinte mes.

Se o pagamento non se fixera nos prazos previstos nos apartados anteriores, a débeda pasará a período executivo e a súa contía variará tendo en conta as recargas do período executivo.

 

ARTIGO 9. NORMAS ADICIONAIS

Establécense as seguintes:

a) O procedemento e actuación municipal axustarase ao disposto no texto articulado da lei sobre trafico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial aprobado por real decreto 339/1990 de 2 de marzo e disposicións que o modifiquen, complementen ou desenvolvan e á normativa municipal sobre a materia.

b)         Aos efectos desta taxa enténdese por depósito municipal o que se designe e estableza pola Alcaldía, previa a tramitación oportuna. pudendo, se concorren circunstancias que o aconsellen, sinalarse como depósito calquera garaxe público da cidade, con percepción das mesmas tarifas que as fixadas para o depósito municipal.

c)         A obriga de pagamento polos servizos prestados é independente da sanción que proceda impoñer conforme ó procedemento establecido.

d)         A Administración Municipal non é responsable dos danos e desperfectos que o vehículo poida experimentar con motivo das actuacións de inmobilización, transporte, retirada e depósito, agás que poida demostrarse que o persoal dependente ou que traballe por conta do Concello incorrese en culpa ou neglixencia. No seu caso, computaranse como gastos do contribuínte, os devengos causados pola aplicación desta Ordenanza.

 

ARTIGO 10. REVISIÓN DE ACTOS, INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

De conformidade co artigo 14.2 do TRLRFL, contra os actos ditados contra a aplicación da presente ordenanza procederá o recurso de reposición nun prazo de un mes contado dende a finalización do período voluntario de cobranza.

 

DISPOSICIÓNS FINAIS:

Esta TAXA comenzará a aplicarse a partir do día seguinte ao da pubicación da presente ordenanza no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

 


Justificantes de Publicación: