Sede electrónica Concello de Cedeira

01:34:53 Xoves 2 de decembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de alta e modificacións padronais

O procedemento de "solicitude de alta e modificacións padronais" regula a inscrición dunha persoa no padrón municipal de habitantes, así como as sucesivas modificacións dos seus datos.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito/s impreso normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Alta e Modificacións padronais. Folla de instruccións.
  • Cando se trate dunha nova folla de inscrición, asinarán todos os maiores de idade que se inscriban (a maiores do presentador). Modelo de Autorizacion (sinatura da Folla).
  • Documento que acredite a identidade das persoas rexistradas (DNI, NIE, Pasaporte, Libro de familia para os menores de 15 anos, ….), agás o do presentador se o trámite é en liña.
  • Documentación acreditativa do parentesco/representación. No caso de menores de idade:
    • Menor que se empadroa con ambos proxenitores: libro de familia ou certificado de nacemento.
    • Menor que se empadroa con un só dos proxenitores
      • Resolución xudicial que se pronuncie sobre a garda e custodia do menor e  declaración responsable de estar en vigor e non existir outra posterior que modifique os seus termos (Modelo I).
      • Se a garda e custodia é compartida, deberá achegarse o mutuo acordo de ambos os proxenitores.
      • Se non existe resolución xudicial, será necesaria unha autorización do outro proxenitor. Na súa falta, deberá achegarse declaración responsable xustificando a imposibilidade de dispor da firma do outro proxenitor (Modelo II).
    • Menor que se empadroa con persoas diferentes aos seus proxenitores: autorización de ambos proxenitores ou de un deles (Modelo I o Modelo II segundo proceda). No caso de tutela ou acollemento, resolución xudicial ou administrativa onde se estableza. 
  • Documento que acredite a ocupación da vivenda (escritura de propiedade, contrato de arrendamento e último recibo de aluguer, ...) Este documento non é necesario no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado.
  • Autorización de empadroamento. En caso de querer formalizar o empadroamento en vivenda allea, o propietario da mesma, ou ben o arrendatario, debe autorizar este empadroamento. Modelo de Autorización
  • En caso de rectificación ou actualización de datos, documento acreditativo do dato correcto.

Nome: Solicitude de alta e modificacións padronais.

Unidade tramitadora:
Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de ejecución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.