MODIFICACION ORDENANZA TAXA REGULADORA DA OCUPACION TERREOS USO PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS E OUTRO ELEMENTOS CON FINALIDADE LUCRATIVA
ANUNCIO
Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, queda automáticamente elevado a definitivo o acordo plenario provisional do Concello de Cedeira sobre a modificación da Ordenanza da TAXA REGULADORA DA OCUPACION DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS, CADEIRAS E OUTRO ELEMENTOS CON FINALIDADE LUCRATIVA, cuxo texto modificado se publica en cumplimento do artigo 17.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
ORDENANZA FISCAL Nº 3.3 REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MESAS E CADEIRAS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS CON FINALIDADE LUCRATIVA
ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1.985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das FacendasLocais, este Concello establece a Taxa por Ocupación de terreos de Uso Público con Mesas e Cadeiras e o outros elementos análogos con finalidade lucrativa, que se rexerá tanto por a presente Ordenanza Fiscal e demáis normativa de aplicación.
ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE
Constitúe o feito impoñibledestaTaxa a utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local como consecuencia da ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa durante os meses de xuño a setembro, ambos inclusives.
ARTIGO 3: SUXEITOS PASIVOS
1. Son suxeitos pasivos da Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que gocen, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular, independentemente de que se obtivera a correspondente licenza ou autorización. 2. Terán a condición de substitutos do contribuínte os cales soliciten as correspondentes licenzas, se non fosen os propios contribuíntes.
ARTIGO 4: RESPONSABLES
A responsabilidade, solidaria ou subsidiaria, das obrigas tributarias do suxeito pasivo, aplicarase nos supostos e co alcance que se sinala nos artigos 41 a 43 da Lei Xeral Tributaria.
ARTIGO 5: COTA TRIBUTARIA
1. A contía da taxa regulada na presente Ordenanza calcularase de acordocos conceptos e importes establecidos por mesa e período na táboa seguinte:
CONCEPTO |
Por cuatrimestre |
Por cada mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos. |
|
Por cada unha das tres primeiras |
40,00 € |
Por cada unha, da cuarta a vixésima |
15,00 € |
A partir da vixésima mesa, por cada unha |
12,00 € |
Por ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal, por cada m2 ou fracción |
40,00 € |
2. Regras especiais.- a) Para o cómputo de número de mesas, consideraráse o número de prazas de asento divididas entre catro.
b) No caso de mostradores, consideraráse equivalente a unha mesa por cada dous metros lineal ou fracción de mostrador.
c) Nos casos de ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal, o importe inclúe a ocupación polas mesas asentadas no espazo.
ARTIGO 6: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS
Non se concederá exención ou bonificación ningunha no pagamento da taxa.
ARTIGO 7: DEVINDICACIÓN
A taxa devindicarase entre os días 1 de xuño e 30 de setembro de cada exercicio.
ARTIGO 8: NORMAS DE XESTIÓN
Ao amparo do establecido no artigo 27 do citado texto legal, o importe da taxa regulada na presente Ordenanza, esixirase en réxime de autoliquidación coa solicitude inicial e ou mediante recibo nos períodos posteriores.
Na solicitude inicial deberá sinalarse a superficie e mesas ou elementos similares a instalar, non facultando o peticionario para realizar a utilización privativa ou o aproveitamento especial, que só poderán levarse a cabo cando se obteña a correspondentelicenzaou autorización.
Unha vez recaída resolución ou acordo sobre a concesión da licenza ou autorización, practicarase, se procede, a liquidación oportuna, deducindo o importe da autoliquidación realizada e esixindo ou reintegrando no seu caso o suxeito pasivo as diferenzas existentes. Se a licenza fose denegada, e sempre que a utilización privativa ou o aproveitamento especial non se efectuasen, o interesado poderá solicitar a devolución dos dereitos ingresados por tal concepto.
ARTIGO 9
Será de aplicación a normativa contida na Lei Xeral Tributaria, relativa a infraccións e
sancións en materia tributaria. No caso de declaracións que conteñan feitos falsos ou con
omisións que incidan na determinación da cota tributaria, será de aplicación o disposto no artigo 184.2 e concordantes da Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
Queda suspendida a aplicación da taxa regulada na presente Ordenanza ata o 31 de decembro de 2022. A suspensión é con carácter temporal e excepcional. Transcorrido o dito prazo de suspensión a taxa volverá a ser esixible nos termos da presente Ordenanza.
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
Cedeira, o 21 de decembro de 2021.
O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil